FESTIVAL DO CASTRO 2015

FESTIVAL DO CASTRO 2015 PANTON 22 DE AGOSTO


 

festival do castro En Panton o 22 de agosto terá lugar un Festival con 10 anos de historia que nos ten preparadas un monton de actividades, música, cultura, e moita diversión nun único recinto o  Campo da Feira de Panton, o FESTIVAL DO CASTRO
Desde a organización nos achegan toda a información das actividades que terán lugar:

Feira de Artesanía, desde as 11:00 da mañá e durante todo o día, con todiño o preciso, barro, coiro, prata, macramé,…Se estás interesada/o en formar parte da mesma pode facelo a través do contacto no teléfono 687 887 538 e se ou no correo electrónico festivaldocastro@gmail.com

Vermu Gaiteiro A partir das 13 :00 como en toda festa que se precie poderedes desfrutar do Vermú gaiteiro con participación libre e convite á 1ª volta ós músicos! Se tocas algun instrumento este é o teu lugar.

cartaz_fdocastro

Xantar Popular ás 14.00 horas, O prezo do xantar será de 15 euros (10 euros para os cativos ata os 12 anos)

¡¡¡¡ IMPORTANTE !!!! O aforo é limitado e deben reservar o xantar ata o xoves día 20 (incluído) no teléfono 636 537 474,  no correo xantarfestivaldocastro@gmail.com ou mercar a entrada nos seguintes establecementos:

  • PANTÓN: Mesón Os Castros e Bar Carabelos
  • MONFORTE: O Anchoas
  • ESCAIRÓN: A Lareira.

O menú, non ten fallo, a fartar de empanada, pementos de Herbón, carne ó caldeiro, lamboadas e refresco, viños D.O. Ribeira Sacra, e café de pote con gotas!

Se estás interesada/o en formar parte da mesma pode facelo a través do contacto no teléfono 687 887 538 e se ou no correo electrónico festivaldocastro@gmail.com
Vermu Gaiteiro A partir das 13 :00 como en toda festa que se precie poderedes desfrutar do Vermú gaiteiro con participación libre e convite á 1ª volta ós músicos! Se tocas algun instrumento este é o teu lugar.

Xantar Popular ás 14.00 horas, O prezo do xantar será de 15 euros (10 euros para os cativos ata os 12 anos)

¡¡¡¡ IMPORTANTE !!!! O aforo é limitado e deben reservar o xantar ata o xoves día 20 (incluído) no teléfono 636 537 474,  no correo xantarfestivaldocastro@gmail.com ou mercar a entrada nos seguintes establecementos:

  • PANTÓN: Mesón Os Castros e Bar Carabelos
  • MONFORTE: O Anchoas
  • ESCAIRÓN: A Lareira.

O menú, non ten fallo, a fartar de empanada, pementos de Herbón, carne ó caldeiro, lamboadas e refresco, viños D.O. Ribeira Sacra, e café de pote con gotas!

Café-concerto ás 15.30 horas, exercicio de reanimación dixestiva ó cargo da A Patxaranfa son unha xente que promete baile e ledicia a través dunha viaxe por diversas músicas do mundo enteiro. Os da Patxaranga aseguran que provocan un ambiente festivo e de alegría aló por onde van cun estilo que mestura o balkan, klezmer, swing e o flok grazas a unha formación de saxo, violín, guitarra, baixo, percusión e voz.!

Actividades para o público miudo, dende as 17.30 horas nas costas do Castro. Con Lusco Fusco. Maquillaxe, xogos e globoflexia que reunirán a todos os cativos do Festival do Castro antes de ter lugar os espectáculos de teatro e circo de rúa de Kote Malabar e As Aerealistas.!

Anoitecer no Castro, ás 21.00 horas, nas costas do Castro, nun escenario de luxo e tralo éxito da edición anterior este ano tócalle a Poetarras, un dos grupos revelación do panorama musical galego.

Concertos do Festival do Castro, dende as 23.00 horas, o forte do festival, unha das edicións de verdadeiro luxo, insistimos, non se pode dar máis e mellor! Un cartel mundial, atómico.

  • Os Cempés
  • Muyayo Rif desde Catalunya
  • Chotokoue
  • Ruxe Ruxe.

E ao remate da música no escenario, non escapes, seguimos na carpa con picadiscos cos mellores sonidos até o amencer!

Tras dez anos de festa, de artesanía, de xantares e cafés concertos, ducias de actividades de teatro e circo e unhas setenta actuacións musicais queremos convidarvos a todas a vir á nosa festa. Xa que non terás ocasión de ver tanto mundo, tanta calidade e tanta axitación cultural en tan pouco tempo, en nun entorno tan agradable, non podes faltar, participa nos concertos de balde, para a programación da túa intendencia conta que todosos eventos terán lugar no recinto de O Castro (campo da Feira), terás servizo de bar, bocatería e wc, contamos con zona de acampada libre e
poderás empregar servizo de bus para enlazar Monforte de Lemos co Castro en
Pantón e á inversa
, toda esta info e máis sobre medios de acceso en www.festivaldocastro.com

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.