Festival Oenach Atlántico 2018

Oenach Atlántico cumple 20 anos

A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, e as concelleiras de Cultura, María del Carmen Espada, e de Turismo, Natalia Hermida, presentaron  xunto cos artistas Cristian Silva e Uxía Senlle, representando esta última a María Fumaça a programación especial para o 20 aniversario do Oenach Atlántico que se celebrará na zona do Trece, na parroquia de Sedes. Ao acto acudiron tamén a tesoureira da Asociación de Veciños Rosa dos Ventos de Sedes, Sonia Fernández, e tres integrantes do Grupo de Teatro Comunitario da citada parroquia, Fina Castro, Enrique Rodríguez e Fina Montero.

A entidade veciñal da parroquia colabora co Padroado da Cultura de Narón na organización deste evento, que recreará durante tres días, o 27, 28 e 29 de xullo, a vida dun poboado celta. O Concello impulsa esta festa de Interese Turístico de Galicia no seu vixésimo aniversario cunha ampla programación con concertos e representacións teatrais de calidade e cunha oferta dirixida especialmente ao público familiar, con multitude de actividades para os máis pequenos.

OENACH Cartel 2018

A PRESENTACIÓN

A alcaldesa destacou o feito de que o Oenach Atlántico alcance este ano a súa vixésima edición “máis vivo que nunca” e convidou á cidadanía a acudir a esta festa, que comezará o día 27 deste mes co tradicional acendido do lume e continuará os días 28 e 29 con múltiples actividades. Ferreiro agradeceu o labor das veciñas e veciños de Sedes “durante todo o ano e os propios días da festa facendo as recreacións que se suceden na campa”.

Así mesmo, resaltou a diferenciación deste evento con respecto a outros, polo seu especial arraigo coa tradición e o mantemento das raíces culturais e antropolóxicas grazas á absoluta entrega da veciñanza, realizando un chamamento á xente de fóra para que se una á veciñanza de Narón e acuda a esta celebración caracterizándose con vestimentas características da época celta.

A concelleira de Cultura recalcou na presentación que esta festa “recrea a nosa historia, que son as nosas raíces, cunha representación da vida castrexa, as pallozas da campa… é un xeito de volver durante unha fin de semana a recordar a nosa historia como pobo, vivindo no presente, mirando ao futuro pero recordando a historia e transmitíndoa ás novas xeracións”.

A continuación, Uxía Senlle agradeceu o feito de poder participar neste evento festivo “en nome de toda a familia María Fumaça” e avanzou que o vindeiro 28 de xullo, a partir das 17.00 horas protagonizarán un concerto “para todos os públicos e participativo, ao igual que esta festa. “María Fumaça tamén ten un proxecto de comunidade, como esta festa, que creo que encaixa perfectamente neste evento”.

Máis de trinta persoas protagonizarán o espectáculo de María Fumaça, “cantando, bailando e fomentando a diversidade”, apuntou Senlle. Tamén o gaiteiro Cristian Silva amosou a súa satisfacción por poder participar nesta edición do Oenach Atlántico, “unha noite máxica que coñecerei en profundidade neste evento”.

A PROGRAMACIÓN

O Oenach arrincará o venres 27 xa pola noite, ás 22.00 horas, co tradicional acendido do lume e co espectáculo Dolmen que será estreado nesta 20 edición pola compañía do coñecido artista Pablo Méndez, inspirado na mitoloxía celta.

A partir das 23.00 comezará un festival musical para os amantes da música de raíz, cos concertos de Dubidá Trío e de Cristian Silva. O sábado 28 estará repleto de xogos, obradoiros e espectáculos desde as 11.00 da mañá e ata a sesión vermú, con Lenda Ártabra. As actividades continuarán durante toda a tarde e ás 17.00 horas María Fumaça, o grupo estrela do público miúdo, protagonizará o concerto principal desta xornada. Ás 22.30, o Oenach vivirá o momento máis esperado, a súa tradicional Noite no Castro, cunha recreación teatral protagonizada polos veciños e veciñas do Grupo de Teatro Comunitario de Sedes sobre a vida cotiá nos castros.

O domingo 29 as actividades comezarán de novo a partir das 11.00 e continuarán durante todo o día con teatro, xogos e obradoiros e a animación do Cuarteto Rinchón. Ademais, a compañía de títeres Tanxarina representará o seu espectáculo “Trogloditas” ás 12.00, ás 17.00 e ás 18.15 horas. O turno do Grupo de Teatro comunitario de Sedes será ás 13.00 horas e o concerto de clausura será ás 19.00 horas co grupo de música tradicional Mayalde.

Ademais das actividades e concertos, os asistentes terán tamén unha zona gastronómica na que poderán probar diferentes produtos elaborados con porco celta, a raza autóctona galega que está en recuperación grazas aos pequenos produtores.

Podedes descargar o programa completo de actividades pinchando na seguinte imaxe:

Oenach Atlántico programa

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies