Un Paseo pola Ribeira Sacra

Comezamos a nosa visita en Doade situado con Concello de Sober ,onde o viño e un referente da economía, cultura e historia ata onde chegaremos desde Monforte de Lemos utilizando a carrertera Lu-903.

sober

Visitando o Mirador de Soutochao onde se atopa o Monumento Ó Carreteiro do artista pontevedrés Manuel Rial. Este monumento está feito en honra aos traballadores da chamada viticultura heroica.

Tras un breve paseo polas proximidades do Monumento Ó Carreteiro desde onde podemos ter maravillosas vistas dos Canons do Sil continuamos a nosa ruta en dirección a Castro Caldelas para desfrutar dun dos Miradores do rio Sil, o Mirador de Matacás, desde onde podemos ter unha bella perspectiva do Canon e as dúas márxenes a lucense e a ourensana. Chegaremos desde Abeleda dirección Castro Caldelas. No medio do pobo atoparemos un indicador que nos leva ata a zona de estacionamento, despois andaremos uns 500 metros e nos sorprendcerá unha nova visión de ambas marxes do Canon do Sil.

20150405_131102

20150405_131801

Tanto na marxen lucense como na de Ourense podemos desfru:tar dun paseo en catamaran polos Canons do Sil. Podedes consultar os horarios no seguinte enlace:

Catamarán Doade Marxen Lugo

Continuamos a nosa ruta en dirección Castro caldelas por esta mesma estrada e descubriremos que está chea de miradores ou esquinas nas que poder facer unha boa foto pero que, debido a que a estrada e estreita recomendamos aproveitar os diferentes miradores que atoparemos ao longo desta ruta.

Tras desfrutar dun pequeno descanso desfruntando das maravillosas vistas que o mirador nos ofrece, voltamos pola mesma estrada ata chegar de novo a Abeleda e continuar pola LU-903 dirección Castro Caldelas. Faremos unha parada na Fervenza de O Cachon situada entre os concellos de Teixeira e Castro Caldelas, un dos tramos do rio de Os Vaos que descende por terreno de fortes pendientes.

Este lugar merece non só unha fotografia, merce parar un momento, pechar os ollos e deixarse levar polo son da auga e da natureza en estado puro entre carballos e outras especies.

 

Continuamos ata un dos nosos destinos » As Pasarelas do Rio Mao» situadas en Barxacova no Concello de Parada de Sil. No seguinte enlace podedes atopar información sobre a ruta.

A ruta comeza nunha antigüa fábrica de luz, agora reconvertida en albergue e cantina, onde vos podedes aloxar e repoñer forzas con un menú a base de productos de tempada, podedes ver mais informacióon na web de A Fábrica da Luz.

No comezo da ruta temos un cartel informativo onde aparte do plano da ruta dispoñemos de información adicional sobre o entorno.

20150405_140635

A medida que avanzamos polas pasarelas as vistas do Cañon do Rio Mao son impresionantes e nos permintes ver a vexetación e a arquitectura da zona cos sus bancais cheos de viñas.

20150405_142310

20150405_142637

Finalizada a ruta toca repoñer forzas da man da cociña da Cantina de A Fabrica da Luz con platos tradicionais elaborados con productos da terra.

20150405_155310

Unha vez repostas forzas continuamos a nosa ruta ata os Balcons de Madrid, sitados no lugar de Santa Mariña no mesmo Concello de Parada do Sil.

Grazas á súa estratéxica situación, dominando o río desde o alto, ofrece unha inmellorable panorámica dun dos tramos máis agrestes do Sil. No fondo do canón, as augas flúen encaixadas entre paredes rochosas verticais. Desde as varandas chegaremos a ver o Santuario de Cadeiras, situado na marxe lucense da Ribeira Sacra. En días claros, pódese gozar dunha vista aberta sobre boa parte destas terras. Os días grises e húmidos converten o río e a súa ribeira nun contorno misterioso de brumas e nubes baixas.
Está integrado na rede de rutas de sendeirismo que percorren a zona e tamén é un bo lugar para a observación de aves.

20150405_164703

 

Finalizamos o noso paseo por unha parte da Ribeira Sacra coa intención de volver para desfrutar de todo o que este maravilloso entorno nos ofrece.

Aqui vos deixamos alguns enlaces de interese para que poidades desfrutar da Ribeira Sacra e descubrila día a día.

Web Oficial do Consorcio de Turismo de Ribeira Sacra

Catamaranes en Ribeira Sacra

A Fábrica da Luz

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.