Turismo Verde de Galicia – Propostas do 29 ao 31 de maio

Un fin de semana mais Galica enches de festas, festas, mercados, romerias e demais familia de actividades.

Desde Turismo Verde de Galicia vos presentamos unha pequena escolma. Esperemos que as nosas propostas sexan do voso agrado e disfrutedes de algun dos eventos aqui presentes.

Comezamos coa provincia de A Coruña

MisaMIx 2015 -Güimil

MISaMix 2015
Unha xornada, unha romería, en Güimil, unha pequena aldea do rural galego. Queda preto do Ponte do Porco, por onde pasa o camiño inglés e onde sucedeu a lenda de Roxín Roxal. Seguindo o río Lambre dende Miño chegas ao concello de Vilarmaior, e alí entre os ríos queda Güimil.

O MISaMix nace para tecer redes na comarca e reavivar coa nosa pequena contribución a activdade cultural da zona. De aí esta xornada festiva, poética, cómica e musical.

Comezaremos cedo. Actividade dende a mañá ata a tardiña. Primeiro faremos un roteiro polo río Lambre e os muíños de Güimil con Federico Flesfa Dublé . Logo co xantar, “AldaoLado”, todo un festín!!. Sobremesa con Maruxa Quiroga. Subasta crowdfunding con produtos ecoMISa da comarca. E para a tardiña, o dúo cómico de Ferrolterra “Amargo Sueco” e o grupo de electrotón de Monfero.

Agardámosvos cos brazos abertos para pasar esta xornada de domingo falando e comendo, escoitando e bailando.

Podeis consultar toda a información no Facebook do evento:

MISaMix 2015.

 Festa da Xiba de Sada 29, 30 y 31 de Mayo

Os amantes da gastronomía teñen una cita no Concello de Sada que celebrará os dias 29, 30 y 31 de Mayo unha nova edición da Festa da Xiba. Os asistentes poderán degustar an Praza Irmans Suarez Picallo e en diferentes puntos da localide de Sada, exqusitas Xibas

Podes atopar información mais detallada no seguinte enlace

VJ Festa da xiba sada

VJ Festa da xiba sada

Cambiamos de provincia e saltamos hacia Pontevedra

XII Festa Gastronómica do Galo de Curral de Vila de Cruces

Vila de Cruces coñece os segredos do galo de curral, e desde o ano 93 compárteos a través dunha cita gastronómica que inclúe, ademais da degustación popular deste produto, un programa de actividades nos que a música e a cultura son protagonistas.
. A exhibición e venda dos mellores exemplares de galo de curral realízase na carpa da Praza de Abastos, aínda que a xornada festiva se complementa con diversas actuacións musicais.

Poderase degustar nos diferentes establecementos de hostelería da zona este manxar preparado de diferentes maneiras.

Aproveitade a xornada para coñecer este maravillos Concello que esconde belezas como as Insuas de Gres, ou a Fundación do creador de Memorias dun neno labrego, A Fundación Neira Vilas.

Atoparedes toda a información na web do Concello de Vila de Cruces, un verde que te namorará

Festa Gastronómica do Galo de Curral

Festa Gastronómica do Galo de Curral

 

Festa do viño de vilaboa

IV Festa do viño de vilaboa

Os amantes dos bos viños teñen unha cita na IV edición da Mostra do Viño de Vilaboa que se celebrará os próximos días 29. 30 e 31 de Maio . O público asistente a estas xornadas poderá degustar os delicioso caldos do municipio pontevedrés, tanto brancos coma tintos, elaborados a partir da uva recollida nos viñedos situados nas abas orientadas á bela ría de Vigo. A festa levarase a cabo no adro das festas da parroquia de Santa Cristina de Cobres

Aqui podedes consultar o Programa de actividades

 Non todo vai ser gastronomía,a cultura tamen ten o seu espazo nesta escolma de actividades.

16 Festival de Títeres de Redondela  Memorial Juanjo Amoedo

No Concello de Redondela (Pontevedra) terá lugar un evento para nenos e  maiores ,o 16 Festival de Títeres de Redondela  Memorial Juanjo Amoedo,do 27 ao 31 de maio de 2015.

Organizado pola Concellería de Cultura do Concello de Redondela e a Asociación Xente Tititiriteira encherá redondela de actividades e actuacións en diferentes lugares da vila.

Podedes ver mais información no Facebook do evento:

XVI Festival Internaciona de Títeres de Redondela

Memorial Juanjo Amoedo

16 festival titeres de Redondela

16 festival titeres de Redondela

Finalizamos a axenda do fin de semana coa Provincia de Lugo

Non todo vai ser gastronomía e cultura, tamen toca desfrutar da natureza

Goza do Ulla 2015

Comezan as rutas Goza do Ulla 2015.

Goza do Ulla é un programa no que participan 19 concellos bañados polo río Ulla: Pas de Rei, Monterroso, Antas de Ulla, Santiso, Agolada, Arzúa, Vila de Cruces, Silleda, Touro, Boqueixón, A Estrada, Vedra, Teo, Padrón, Pontecesures, Valga, Catoira, Dodro e Rianxo, que pretende dar a coñecer, a través de rutas de sendeirismo a realizar en cada un destes concellos, o valioso patrimonio natural, cultural, arqueolóxico e paisaxístico dos territorios citados.

Primeira etapa Monterroso 31 de maio de 2015

Ruta dos Soutos e Carballeiras e Ruta dos Muiños do Aleman.

Podes atopar información detallada  AQUI

Vos recordamos que se coñecedes alguna Festa, Feira, Mercado, Romería, Eventos varios, podedes contactar con nos enviando un email a info@turvegal.com e trataremos de promocionalo.

 

 

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.