Turismo Verde de Galicia – Propostas Do 3 ao 5 de xullo

Tras o lapso do fin de semana pasado onde non tivemos propostas aproveitamos para presentarvos novas e interesantes propostas para este fin de semana que se acerca e que promete ser  caluroso e intenso.

Comenzamos pola provincia de Lugo onde temos propostas deportivas artesanais e culturais.

PROGRAMA

                      IX Feira de artesanía de Outeiro de Rei

  • TERÁ LUGAR O SÁBADO 04/07/2015, COINCIDINDO COAS FESTAS PATRONAIS NA HONRA A SANTA ISABEL. OS POSTOS ESTARÁN ABERTOS DURANTE TODA A XORNADA ATA AS 21:00 H.
  • ESTÁ PREVISTA A PARTICIPACIÓN DE APROXIMADAMENTE 100 EXPOSITORES. NA ACTUALIDADE TEÑEN CONFIRMADA ASISTENCIA 63 POSTOS DE ARTESANÍA E 20 DE ALIMENTACIÓN, TAMÉN HABERÁ UNHA REPRESENTACIÓN DA GALIÑA DE MOS.
    NA SECCIÓN DE ARTESANÍA PORANSE Á VENDA PRODUTOS DE CERÁMICA, CESTERÍA, ARTESANÍA DA MADEIRA,GANCHO E CALCETA, XOIARÍA, COIRO, INSTRUMENTOS DE MÚSICA TRADICIONAL, TRAXES REXIONAIS, FERRO, ARTESANÍA TÉXTIL, XABÓNS NATURAIS, XOGOS DE ENXEÑO, BIXUTERÍA, ESMALTES, CANTARÍA, MACRAMÉ, BOLILLOS, MANUALIDADES, ANTIGÜIDADES, ACUARELA,ETC. PARALELAMENTE, NA SECCIÓN DE ALIMENTACIÓN OFERTARANSE MEL, PRODUTOS DE PANADERÍA, CERVEXA ARTESÁ, EMBUTIDOS, MARMELOS, QUEIXOS, DOCES, ACEITE, CEREIXAS, VIÑOS E LICORES…
  • Mais información en IX Feira de artesanía de Outeiro de Rei

SOMOS XENTE CORRENTE 4 DE XULLO 2015

ESTE ANO, O PROGRAMA DA FEIRA INICIASE COA I CARREIRA POPULAR OUTEIRO DE REI CONTRA O CANCRO INFANTIL ORGANIZADA POLA ASOCIACIÓN SOMOS UNIDOS POR EL CÁNCER, ASOCIACIÓN PRESIDIDA POR JOSÉ MANUEL VÁZQUEZ, E NA QUE COLABORA O CONCELLO DE OUTEIRO DE REI. ESTÁ PREVISTA A SAÍDA DA PRAZA DO CONCELLO ÁS 10:30 h DOS CORREDORES ADULTOS QUE FINALIZARÁN UN PERCORRIDO DE CASE 6 KM NO CAMPO DE SANTA ISABEL, ESPAZO ONDE TAMÉN HABERÁ DÚAS COMPETICIÓNS INFANTÍS POLA MESMA CAUSA.
ESTA ASOCIACIÓN DISPORÁ TAMÉN DUN ESPAZO DENTRO DA FEIRA PARA A VENDA DE PRODUTOS, OS FONDOS QUE SE RECADEN SERÁN DESTINADOS Á LOITA CONTRA O CANCRO.
carrerasolidaria

Seguimos con deporte pero esta vez nos trasladamos a la provincia de Pontevedra con música, deporte e moitio moito mais.

Festival do Norte 2015

O Festival do Norte 2015 terá lugar os días 3, 4 e 5 de xullo na Illa de Arousa (Rías Baixas).
O festival contará con 3 escenarios. O escenario principal Son Estrela Galicia situado na Praia do Bao (bandeira azul). Un segundo escenario, Turismo Rías Baixas, situado no Auditorio e como novidade, levaremos o festival ao centro do pobo con actuacións en directo en diferentes locais.

Mais información na web do Festival do Norte

6ª ANDAINA A.D. VINCIOS DOMINGO 5 DE XULLO

A AGRUPACION DEPORTIVA VINCIOS, organiza o Domingo, 5 de Xullo de 2015 a 6ª ANDAINA A.D. VINCIOS (12 Km.), que dará comenzo as 9:30 da mañá.
Poderan participar todalas personas maiores de idade inscritas e menores a partires de 14 anos, acompañados de un adulto ou solos con permiso por escrito de pais ou titores, menores de 14 obrigatoriamente acompañados dos pais.
 Mais info en .: http://www.advincios.blogspot.com ou no e_mail: vinciostm@gmail.com .
facebook_1435039264862

23 EDICIÓN DA ESTA DO PAN DE CEA 6 XULLO 2015

Esta festa vénse celebrando dende o ano 1991, adquirindo co paso dos anos maior popularidade. O proceso de elaboración do pan permanece practicamente inalterado dende a Idade Media. Á fina fariña de trigo só se lle engade auga e sal, a masa prepárase posteriormente nas artesas, tras efectuar un corte transversal, que identifica ao pan de Cea, cócese en fornos de leña.
Dende o ano 2003 o pan de Cea goza da Indicación Xeográfica Protexida da UE.
Mais información sobre a festa na web do Concello de San Cristobo de Cea

Deixamos a provincia de Pontevedra para adentranos na provincia de A Coruña, onde despois de tanto deporte comezamos con algo de cultura.

PROGRAMA

Asalto ao Castelo de Vimianzo 05.07.2015

O Asalto ao Castelo de Vimianzo é unha festa que se celebra o primeiro sábado de xullo dende hai 18 anos, coincidindo este ano co 5 de xullo. Esta celebración é froito do traballo das asociacións da vila, Cherinkas e Axvalso, sen ánimo de lucro e formadas por residentes da Terra de Soneira.

O Asalto recrea as Revoltas Irmandiñas que tiveron lugar en toda Galicia e, particularmente, no Castelo de Vimianzo no século XV, momento no que o pobo se ergueu contra o poder abusivo dos señores feudais. Trasladando estas revoltas ao presente, o Asalto ofrece un amplo abano de personaxes e situacións que dalgunha maneira simbolizan as inxustizas do mundo moderno e amosan os problemas do mundo actual.

Mais info na web do Asalto ao Castelo de Vimianzo

Rematamos en Ourense con actividades sostibles e mais algo de senderismo.

facebook_1435039024890

ANDAINA SERRA DO LAROUCO (BALTAR)

Ruta organizada pola Asociación O Retorno de Ai Ya Yai
Tres distancias 10, 19 e 24 km
Fecha límite de inscripción 01.07.2015
Precio 8 € Bus desde Ourense mais avituallamento.
¿Anímaste?
OBRADOIRO DE PRODUCTOS DE LIMPEZA NATURAIS
Obradoiro gratuito (aportación librepara aprender a facer
productos de limpeza naturais para usar na casa no día a día, feitos
con ingredientes naturais faciles de usar e facer.
Lugar A Fábrica da Luz Ayuntamiento de Parada del Sil
Dia e hora 04/07/2015 de 10:30 a 12:30
Mais información: Web de A fabrica da luz
A Fabrica da luz en Facebook
facebook_1434963343320

Estas son algunas das propostas que podedes atopar este fin de semana, non son todas as que están pero estan todas as que son. Se tedes algunha proposta podedes facela chegar a info@turvegal.com

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.