Turismo Verde de Galicia – Propostas do fin de semana 17-19 de xullo

Hoxe chegamos con moitas novas, o noso blogue acaba de ser bautizado, a partir de agora podedes atoparnos en www.paseargalicia.com. Seguiremos aportando información sobre Galicia, as suas festas, acontecementos, rutas… todo aquelo que enriqueza pouco a pouco este pequeno espazo na rede.

Comezamos a nosa ruta por Galicia en A Coruña con música moita música

Festival Ortigueira 2015

Cita ineludible do verán e un dos referentes mundiais do folk, o Festival Ortigueira tense convertido por méritos propios nun dos eventos musicais máis multitudinarios de toda España. A súa magnitude excede xa o puramente musical, para consolidarse como un espazo libre onde conflúen xentes de todas as tribos chegadas dos máis diversos puntos da xeografía.

Pouco máis que ese espírito de liberdade e o carácter folclórico do evento quedan daquel festival artesanal que nacía no ano 1978, froito do esforzo da Escola de Gaitas de Ortigueira, liderada naquel intre por Xavier Garrote. Unha idea visionaria que triunfou grazas á axuda de toda a vila e malia o contorno oficial pouco favorable -tivo que interromperse durante un lustro.

Podedes ver a información detallada do Festival AQUI

Seguimos con música pero esta vez na provincia de Lugo onde os amantes do metal poderán disfrutar ao grande

RESURRECTION FEST

Viveiro 16, 17 e 18 de julio de 2015

Fundado por dos jóvenes, Iván Méndez e Iván Pérez, ambos miembros de la ONP Crew, el Resurrection Fest tuvo su primera edición en 2006. Desde entonces, edición tras edición y bajo la dirección de Iván Méndez desde su primer año, el festival ha ido creciendo hasta consolidarse como el mayor festival de hardcore/punk y metal de toda la Península, además ha conseguido mantener una de las mejores relaciones calidad/precio entre todos los festivales europeos.

Desde 2010 el formato del festival ha pasado a durar tres días y ha conseguido batir su propio récord con más de 40.000 asistentes durante el fin de semana en la edición de 2014. Por el Resurrection Fest han pasado nombres de la talla de MEGADETH, SLAYER, LAMB OF GOD, BAD RELIGION, DOWN, FIVE FINGER DEATH PUNCH, TESTAMENT, TURBONEGRO, TRIVIUM, PENNYWISE, BULLET FOR MY VALENTINE, LAGWAGON, SICK OF IT ALL, EXODUS, THE ADICTS, NO USE FOR A NAME, THE MISFITS, BRING ME THE HORIZON, NAPALM DEATH, GALLOWS, CONVERGE, GORILLA BISCUITS… y un largo etcétera hasta un total de 300 bandas.

Toda a información sobre o festival AQUI

¡Los días 16, 17 y 18 de julio de 2015 algo muy especial volverá a pasar en Viveiro!

Saltamos ata a Provincia de Pontevedra onde tamen nos espera música desta volta mais calmada

XXIII Festival Internacional de Jazz e Blues de Pontevedra

O Festival Internacional de Jazz e Blues de Pontevedra chega á súa edición número 23, cun programa que trata de seguir a liña que nos caracteriza e constitúe o noso sinal de identidade: concertos de artistas de nivel internacional gratuítos, non só de música de jazz (que supón a maior parte do programa), senón tamén de blues. Como é habitual, prestarase, ademais, unha atención especial aos músicos galegos e ás actividades docentes.

Podes atopar toda a información sobre o festival na sua web

http://www.jazzpontevedra.com/

 

Non todo vai ser música, tamen temos que desfrutar dos sabores, seguimos en Pontevedra  nas terras de O Rosal e de Cambados, con gastronomía

XXIII Feira do Viño do Rosal

O viño que hai na zona do Rosal foi traído polos romanos na antigüidade debido a que a zona presentaba a temperatura ideal para a produción do devandito caldo. No s. XII os monxes do Mosteiro de Santa María de Oia eran os encargados de coidar as plantacións do viñedo e foi nesta época cando o viño tivo o seu maior auxe.
A descrición deste viño sería branco, novo, afrutado e de cor amarela clara pallosa.
Podedes ampliar información AQUI

      XIV FestaVieira Cambados 17-19 xullo 2015


A XIV FestaVieira dará comezo na xornada do venres 17 de Xullo coa apertura da carpa de degustación na cal todos os presentes poderán degustar a prezos populares este exquisito molusco elaborado de moi varias formas, dende as máis innovadoras ás máis tradicionais.

Na edición deste ano, a cociña da festa estará dirixida por Rafa Centeno, do restaurante Maruja Limón, e contará ademais coa presenza do xefe de cociña cambadés Yayo Daporta, o cal realizará un taller de cociña na primeira das xornadas do evento. Ambos os dous cociñeiros posúen estrelas Michelin.

Ademais, durante estas xornadas a Asociación Guimatur ofrecerá visitas guiadas aos barcos marisqueiros para que todos os asistentes á festa poidan coñecer de primeira man o traballo das mariscadoras da vila.
Diversas actuacións musicais e varios actos lúdicos completarán o programa da festa.

Rematamos este paseo por Galicia en Lugo onde a gastronomía será a grande protagonista durante gran parte do verán.

I CONCURSO PROVINCIAL DE TAPAS DO 10 AO 26 DE XULLO

Nesta primeira edición do certame compiten un total de 20 negocios hostaleiros das localidades de Castro de Ribeiras de Lea, Lugo, Mondoñedo, Monforte de Lemos, Muimenta e Sarria. O horario mínimo de degustación será de 13.00 a 15.30 horas e de 20.00 a 22.30 horas, aínda que cada local poderá ampliar estes intervalos en función das súas necesidades. O prezo das tapas sitúase entre 1 e 3 euros.

Podedes ver toda a información no Folleto do Concurso

Recordade que se coñecedes algunha festa, feira, mercado, romería, concerto… ou calquer cousa que se vos ocurra, podedes colaborar enviando a información ao noso email info@turvegal.com

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.