Turismo Verde de Galicia – Propostas do Fin de semana 22-24 maio

Un fin de semana mais Turismo Verde de Galicia vos trae as propostas para este fin de semana.

Comezamos coa provincia de Ourense.

Festas de Santa Rita O Barco de Valdeorras

Festas de Santa Rita
O Barco de Valdeorras

Festa de Santa Rita do 21 ao 25 de maio de 2015

A festa de Santa Rita celébrase no concello de o Barco de Valdeorras dende hai décadas. O festivo local é o día 22 e en caso de que este caia en sábado ou domingo pásase sempre ao luns seguinte. Co paso dos anos uniuse ao fervor relixioso da festa os actos deportivos, xa que durante estas xornadas festivas se disputan varios torneos de nivel, en diferentes modalidades deportivas, sempre relacionados coa exuberante natureza de Valdeorras

Podes ver o programa de festas AQUI

Continuammos e Ourense cunha cita solo para profesionais.

VINIS TERRAE tratase dun salón exclusivamente profesional e especializado no viño e os licores de Galicia cuxa misión é presentar os seus produtos a posibles compradores nacionais e importadores procedentes de distintos países do Mundo. Celebrarase no recinto feiral de Expourense (Ourense-Galicia-España) entre os Días 25 e 26 de maio de 2015.
programa_vinisterrae

Saltamos ata a provincia de Lugo onde están quentando motores para unha das grandes festas desta provincia o Arde Lucus 2015 con actividades como a seguinte:

Jornadas Gastro-Romanas en Lugo: Ars Magirica 2015. Del 22 de mayo al 7 de junio

Tapas romanas

Un ano máis, diversos establecementos hostaleiro da cidade ofrecerán tapas con produtos que xa se consumían en época romana e castrexa e coas que os cidadáns poidan coñecer os costumes gastronómicos da época antiga. As tapas estarán dispoñibles a partir do venres 22 de maio nos locais do centro, e a partir do 29 de maio nos locais da zona de Rafael de Vega e Monteiro Rios, e os prezos oscilarán entre 1 e 3 euros.

Toda a información podedes atopala AQUI

Iremos ampliando as propostas, e non dubidedes en colaborar informando de todas aquelas que hai nos vosos pobos, vilas, cidades, parroquias, lugares…

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.