Turismo Verde de Galicia – Propostas para o fin de semana ( 10-12 de xullo)

Xa estamos ás portas do fin de semana e coma sempre desde Turismo Verde de Galicia queremos facervos una serie de propostas, non son todas as que están pero si están todas as que son.

Percorremos as catro provincias cunha pequena escolma de todas as Feiras, Festas , Feiras, Mercados e Romerias, e actividades que se desenrolan ao longo de toda Galicia.

Comenzamos este recorrido por esta Galicia Festeira na provincia de A Coruña onde volveremos ao pasado de duas vilas de grande importancia como Betanzos e mais Padrón

 XVIII FEIRA FRANCA MEDIEVAL

BETANZOS DOS CABALEIROS

Un ano mais a Vila de Betanzos retrocede no tempo para rememorar unha época de gloria. a historia comeza así

O señor de Andrade honra a todos os seus vasalos coa chegada a esta Real Cidade e solicitarlle ao ilustrísimo señor rexedor a apertura da FEIRA FRANCA. Ante este anuncio as mozas mouras liberadas polas hostes do señor de Andrade, ofrecerán unha danza.
Seguidamente os nobres e campesiños presentarán as súas queixas e pedimentos ao señor de Andrade por medio do notario Xoán Blanco. Ao remate das peticións e ofrecementos as mozas da Cidade ofrecerán unha danza campesiña coa colaboración da escola de danza DANZARTE. Deseguido lerá o pregón a betanceira GUADALUPE MARTÍNEZ MOSQUERA licenciada en Filoloxía Galega e Filoloxía Hispánica, profesora de Lingua Galega e Latín no Colexio Calasanz – PP. Escolapios da Coruña.. A continuación o ilustrísimo señor rexedor da Cidade de Betanzos abrirá a XVIII FEIRA FRANCA MEDIEVAL.

Durante tres días, festa, música,postos de comida, e moi bon ambiente para desfrutar da volta atrás no tempo.

Mais información na web da Feira Franca Medieval

X FEIRA MEDIEVAL DE PADRON

A vila de Padrón acollerá dende o 10 ata o 12 de Xullo a celebración da X Feira Medieval, que se desenvolverán ao longo das principais rúas do casco histórico. Os asistentes a esta feira poderán gozar con numerosas actividades, adquirir variedade de produtos nos distintos postos de artesanía instalados para a ocasión e deleitarse coa animación musical a cargo de músicos, bufóns, malabaristas e demais.
Algúns dos actos programados serán os seguintes:
Venres 10 de Xullo, ás 17.00 horas o mercado medieval abrirá as súas portas, ás 18.00 horas haberá animación de rúa, ás 19.00 horas comezará o espectáculo “Esperto” e ás 20.30 horas os presentes poderán gozar con “A Feiticeira Misteriosa“. Ás 23.00 horas terá lugar un grande espectáculo de lume.

XXV FESTA DO POLVO DE MUGARDOS

Deixamos a historia para meternos de cheo na gastronomía que nos leva a ta a Real Vila de Mugardos onde se celebra a súa tradicional Festa do Polvo, neste caso cumpre 25 anos amosando a cociña de este cefalópodo.

O vindeiro sábado, 11 de xullo de 2015, celebrarase unha degustación no Parque da Constitución a partir das 13:00 h, ata rematar existencias.

Podedes ver o programa aqui Festa do Polvo de Mugardos

XII ENCONTRO DE EMBARACIÓNS TRADICIONAIS DE GALICIA

CABO DE CRUZ  8-12 xullo 2015

Non podemos marchar  da Provincia de A Coruña sen destacar un evento para os amantes do mar, a vela e a súa historia.

Dende o xoves 9 ata o domingo 12 de Xullo o porto de Cabo de Cruz, no municipio de Boiro acollerá o XII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia co obxectivo de reivindicar a importancia do patrimonio marítimo. No Encontro espérase a participación dunhas 150 embarcacións aproximadamente, a maior parte delas galegas, pero tamén se poderán ver barcos e tripulacións da costa cantábrica, mediterránea, do sur de España e dos nosos países veciños, Portugal e Francia.

Podes ver todo o programa de actividades AQUI

Abandonamos A Coruña, o mar e a súa historia e nos adentramos na Provincia de Pontevedra onde nos espera natureza, motor e moito mais.

DÍA DO ENCONTRO COA AUGA

ALMOFREI – COTOBADE-12/07/2015

O domingo 12 de xullo os amantes da natureza teñen unha cita no Concello de Cotobade, onde lo lugar de Almofrei terá lugar un encontro moi especial cheo de actividades.

  • Ruta de senderismo de 6 kms pola contorna de Almofrei
  • Obradoiros de bisuteria e trenzado de gorros de palla
  • Música para ir facendo apetito
  • Xantar popular
  • Queimada con conxuro
  • Maxia para reposar a comida , da man do Mago Paco

Todo isto e moito mais o domingo 12/07/215 en Almofrei – Concello de Cotobade.

Non o perdas.

XII Rallye Sur do Condado

O XII Rallye Sur do Condado, consta dun percorrido de 362,40 Kilómetros, dos cales 113,40 corresponden a OITO Treitos Cronometrados por estradas asfaltadas pechadas o tráfico; está dividido en 1 Etapa e 4 Seccións. 

Podes ver información mais detallada acerca do XII Rallye Sur do Condado e das medidas de seguridade que debes tomar se vas a ser un espectador na web http://www.rallyesurdocondado.org

FESTIVAL SOLIDARIO A PROL DA ATROFIA MUSCULAR ESPINAL

CAMBADOS 12/07/215 21:30

As Festas de Santa Mariña impulsan un festival en favor da loita contra o AME.
O evento vaise a celebrar o próximo 12 de xullo na praza do Concello.
Cambados acolle en agosto un encontro para as familias afectadas.
O Festival que organiza nos últimos anos a Comisión de Festas de Santa Mariña
de Cambados terá un fondo solidario nesta edición. A comisión de festas decidiu destinar toda a recaudación que se logre durante a celebración do evento á loita contra a Atrofia Muscular Espinal (AME), que afecta a Mercés Álvarez, unha veciña do municipio cambadés.
O evento está previsto para o próximo 12 de xullo, e vaise a celebrar na praza do Concello de Cambados a partir das 21,00 horas
Mais información na web Atimeucambados de onde foi extraida esta información.

Deixamos Pontevedra e damos un gran salto ata Lugo onde natureza, música e historia estarán da man.

RIBADEO INDIANO 2015

Aproveitando un rico escenario arquitectónico, e coa intención de rememorar vellos tempos, pretendemos facer do Ribadeo do século XXI, un escenario onde localizar un ambiente propio de principios do século XX recreando unha sociedade claramente influenciada polas tradicións e modas traídas polos indianos.

Non te perdas esta impresionante festa. Desfrutarás

2º Convívio da Cultura Galega. Outeiro de Rei

Por segundo ano consecutivo, pomos en marcha, coa colaboración da Federación Galiza Cultura e da Asociación Cultural e Musical Solfa de Compostela, o Convivio da Cultura Galega: será o sábado 11 de xullo, desde as 11:15 horas, durante todo o día, na carballeira de Santa Isabel en Outeiro de Rei.

O Convivio quere ser, sobre todo, unha xornada lúdica e festiva, de convivencia, de recuperación do espírito comunitario da tradicional romaría da Santa Isabel de Outeiro de Rei, de foliadas e merendiñas. Todo isto arredor da figura de Manuel María, que dedicou por enteiro a súa vida á construción dunha cultura propiamente galega e cultural, dun país normal e normalizado, e que tanto colaborou co nacemento de tantas asociacións e proxectos culturais.

Animámosvos a que nos acompañedes nesta xornada festiva en Outeiro: haberá actuacións musicais, homenaxe ao Manuel na súa campa, xantar compartido, posibilidade de visitar a Casa-Museo Manuel María (para quen o desexar ou aínda non a coñecer) e, deseguro, algunhas sorpresas máis. O Convivio prolongarase durante toda a xornada, comezando coa recepción dos asistentes diante da Casa Museo ás 11:15 horas, para logo baixar á carballeira de Santa Isabel. O único requisito é que traiades o voso xantar…e moitas ganas de festa, por suposto.

XX FESTIVAL OS VALUROS – CASTRO DE REI – LUGO

Os Valuros presentan o seu disco con motivo do seu XXV Anviversario. Ademais de presentar pezas propias, o sábado 11 de xullo no marco do festival tamén participarán A Maristela, de Sobrado dos Monxes, e a AACC Airiños dos Carrís de Cerdido.

Importantes escritores e grandes músicos da zona colaboran no primeiro disco de Os Valuros, de Castro de Rei, con motivo do seu vixésimo quinto aniversario.

O disco será presentado o sábado 11 de xullo diante da Casa do Concello, a partir das seis menos cuarto da tarde, no marco do vixésimo festival da asociación no que participarán A Maristela, de Sobrado dos Monxes, e a AACC Airiños dos Carrís de Cerdido.

Ademais de estrear varias pezas propias, Os Valuros preparan outras actividades para este vixésimo quinto aniversario en forma de agasallos e outras sorpresas

Rematamos a nosa escolma en Ourense onde un ano mais o terror volve ao lugar de Chaiosa no Concello de Maceda.

 CHAIOSO POBO FANTASMA XVI

Os días 31 de xullo e 1 de agosto celébrase en Chaioso unha nova edición do seu Pobo Fantasma para a que os seus organizadores prometen “máis actores, máis percorrido e máis medo” no que aseguran que é “unha experiencia única”. De feito e segundo di o cartel da festa, “Unha vez que entres, nada te poderá salvar”.

Será a partir das 23.00 horas. A entrada custa 5€.

¿ Estás disposto a vivir a experiencia?

 

Deja un comentario