FESTIVAL DO CASTRO 2015

FESTIVAL DO CASTRO 2015 PANTON 22 DE AGOSTO


 

festival do castroEn Panton o 22 de agosto terá lugar un Festival con 10 anos de historia que nos ten preparadas un monton de actividades, música, cultura, e moita diversión nun único recinto o  Campo da Feira de Panton, o FESTIVAL DO CASTRO
Desde a organización nos achegan toda a información das actividades que terán lugar:

Feira de Artesanía, desde as 11:00 da mañá e durante todo o día, con todiño o preciso, barro, coiro, prata, macramé,…Se estás interesada/o en formar parte da mesma pode facelo a través do contacto no teléfono 687 887 538 e se ou no correo electrónico festivaldocastro@gmail.com

Vermu Gaiteiro A partir das 13 :00 como en toda festa que se precie poderedes desfrutar do Vermú gaiteiro con participación libre e convite á 1ª volta ós músicos! Se tocas algun instrumento este é o teu lugar.

cartaz_fdocastro

Xantar Popular ás 14.00 horas, O prezo do xantar será de 15 euros (10 euros para os cativos ata os 12 anos)

¡¡¡¡ IMPORTANTE !!!! O aforo é limitado e deben reservar o xantar ata o xoves día 20 (incluído) no teléfono 636 537 474,  no correo xantarfestivaldocastro@gmail.com ou mercar a entrada nos seguintes establecementos:

  • PANTÓN: Mesón Os Castros e Bar Carabelos
  • MONFORTE: O Anchoas
  • ESCAIRÓN: A Lareira.

O menú, non ten fallo, a fartar de empanada, pementos de Herbón, carne ó caldeiro, lamboadas e refresco, viños D.O. Ribeira Sacra, e café de pote con gotas!

Se estás interesada/o en formar parte da mesma pode facelo a través do contacto no teléfono 687 887 538 e se ou no correo electrónico festivaldocastro@gmail.com
Vermu Gaiteiro A partir das 13 :00 como en toda festa que se precie poderedes desfrutar do Vermú gaiteiro con participación libre e convite á 1ª volta ós músicos! Se tocas algun instrumento este é o teu lugar.

Xantar Popular ás 14.00 horas, O prezo do xantar será de 15 euros (10 euros para os cativos ata os 12 anos)

¡¡¡¡ IMPORTANTE !!!! O aforo é limitado e deben reservar o xantar ata o xoves día 20 (incluído) no teléfono 636 537 474,  no correo xantarfestivaldocastro@gmail.com ou mercar a entrada nos seguintes establecementos:

  • PANTÓN: Mesón Os Castros e Bar Carabelos
  • MONFORTE: O Anchoas
  • ESCAIRÓN: A Lareira.

O menú, non ten fallo, a fartar de empanada, pementos de Herbón, carne ó caldeiro, lamboadas e refresco, viños D.O. Ribeira Sacra, e café de pote con gotas!

Café-concerto ás 15.30 horas, exercicio de reanimación dixestiva ó cargo da A Patxaranfa son unha xente que promete baile e ledicia a través dunha viaxe por diversas músicas do mundo enteiro. Os da Patxaranga aseguran que provocan un ambiente festivo e de alegría aló por onde van cun estilo que mestura o balkan, klezmer, swing e o flok grazas a unha formación de saxo, violín, guitarra, baixo, percusión e voz.!

Actividades para o público miudo, dende as 17.30 horas nas costas do Castro. Con Lusco Fusco. Maquillaxe, xogos e globoflexia que reunirán a todos os cativos do Festival do Castro antes de ter lugar os espectáculos de teatro e circo de rúa de Kote Malabar e As Aerealistas.!

Anoitecer no Castro, ás 21.00 horas, nas costas do Castro, nun escenario de luxo e tralo éxito da edición anterior este ano tócalle a Poetarras, un dos grupos revelación do panorama musical galego.

Concertos do Festival do Castro, dende as 23.00 horas, o forte do festival, unha das edicións de verdadeiro luxo, insistimos, non se pode dar máis e mellor! Un cartel mundial, atómico.

  • Os Cempés
  • Muyayo Rif desde Catalunya
  • Chotokoue
  • Ruxe Ruxe.

E ao remate da música no escenario, non escapes, seguimos na carpa con picadiscos cos mellores sonidos até o amencer!

Tras dez anos de festa, de artesanía, de xantares e cafés concertos, ducias de actividades de teatro e circo e unhas setenta actuacións musicais queremos convidarvos a todas a vir á nosa festa. Xa que non terás ocasión de ver tanto mundo, tanta calidade e tanta axitación cultural en tan pouco tempo, en nun entorno tan agradable, non podes faltar, participa nos concertos de balde, para a programación da túa intendencia conta que todosos eventos terán lugar no recinto de O Castro (campo da Feira), terás servizo de bar, bocatería e wc, contamos con zona de acampada libre e
poderás empregar servizo de bus para enlazar Monforte de Lemos co Castro en
Pantón e á inversa
, toda esta info e máis sobre medios de acceso en www.festivaldocastro.com

Cabalgando Galicia – Proxecto colaborativo con Turismo Verde de Galicia

Cabalgando Galicia

Desde Turismo Verde de Galicia colaboramos co Proxecto Cabalgando Galicia, unha idea do productor Pedro H. Lajara licenciado en Comunicación Audiovisual e Dante Sendyk Viñao que é estudiante de Diseño en Imaxe e son pola Universidade de Buenos Aires.

¿Porqué escolleron Galicia para este proxecto?

Galicia é unha terra chea de atractivo histórico, xeográfico e cultural  é suficiente razón, pero ademais o anfitrión do documental ten ascendencia galega, con mais razon para escoller Galicia como destino.

¿Porqué a cabalo?

Grazas a trasladarse a cabalo, existe liberdade de acceder a lugares que moi poucos documentalistas acceden, e poder filmar esta grande obra sobre Galicia. Reivindicando así o cabalo como aquel medio de transporte que os nosos antecesores usaban como como medio de transporte, de desfrute da natureza e relación coa xente.

lugares

¿Que pretende o proxecto Cabalgando Galicia? Viaxando a cabalo atoparanse con territorios e escenarios imprevistos de sumo interese, de feito, esa é a  idea do proxecto, Gracias a   consultar con  expertos para recoller a maior cantidade de información posible.

Pretenden amosar a Galicia oculta e as suas belezas escondidas.

 

Este proxecto de Cabalgando Galicia  se grabará entre o  el 15 de xullo e o  15 de Agosto de 2015 percorrendo diferentes localizacións das catro provincias galegas, algunhas delas están sinaladas no mapa adxunto.

¿Te parece un proxecto bonito e interesante? 

Podes aportar o teu  gran de area gracias o Crowdfunding, que significa “coa axuda de todos”. Desde 2 euros ( casi o custa un café) poderás formar parte deste proxecto. Podes facer a tua achega desde al plataforma Verkami pulsando no seguinte enlace CABALGANDO GALICIA, e simple en poucos clics axudarás a que este proxecto se faga realidade.

Podes ver información detallada do proxecto nos seguintes enlaces:

logo3Web de Cabalgando Galicia
 Cabalgando Galicia en Facebook
Turismo Verde de Galicia

 Facebook Turismo Verde de Galicia

( Colectivo colaborador no proxecto)

Onde facer a túa aportación

Verkami