Santuario de Nosa Señora de As Ermidas

Santuario de Nosa Señora das Ermidas 

O santuario Da nosa Señora das Ermidas está situado a medio camiño entre Viana do Bolo e A Rua, na provincia de Ourense, Comunidade Autónoma de Galicia, España.

 

A súa fachada foi edificada entre 1713 e 1726 por Juan Martínez Pita; pouco posterior a ela é o Vía Crucis construído en 1730 e composto por 14 capelas que contiñan 62 estatuas.
O exterior dos templetes preséntase moi sinxelo. En cambio, o interior está decorado con esculturas que representan a Paixón de Cristo, seguindo o
modelo do Bom Jesus do Monte de Braga edificado en 1723.
E como para o Sacro Monte portugués algunhas capelas foron asociadas a unhas fontes.
P1060483
Fachada Santuario Nosa Señora de As Ermidas

 

Trátase de obras figurativas únicas no seu xénero, non só en Galicia, porque a idea de reproducir “de verdade” as estacións da Paixón de Cristo se expresou en España maiormente nos grupos de estatuas que se sacan en procesión con ocasión da Semana Santa.

P1060488
Cruceiro Santuario Nosa Señora das Ermidas
De grande atractivo turístico, destaca polas súas celebracións de semana santa, especialmente o Via Crucis, no cal se percorre as estacións, que van dende o santuario ao lugar do Cruceiro distantes entre si aproximadamente 1 km. Outro dos actos desta semana máis soados, mesmo máis que o via crucis, era a chamada “estoupa do Xúdas” na cal un boneco de trapo recheo de pólvora, que representaba a Júdas, comezaba a explotar en canto se encontraban Cristo resucitado e María. Esta práctica xa non se leva a cabo debido á negación dos actuais sacerdotes do santuario a respectar as tradicións do pobo, a pesar de estar datadas hai máis de cen anos.

Información extraida de Wikipedia

Otras informaciónes de interese:

Facebook Santuario de Nosa Señora das Ermidas

 

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies