FESTIVAL DO CASTRO 2015

FESTIVAL DO CASTRO 2015 PANTON 22 DE AGOSTO


 

festival do castro En Panton o 22 de agosto terá lugar un Festival con 10 anos de historia que nos ten preparadas un monton de actividades, música, cultura, e moita diversión nun único recinto o  Campo da Feira de Panton, o FESTIVAL DO CASTRO
Desde a organización nos achegan toda a información das actividades que terán lugar:

Feira de Artesanía, desde as 11:00 da mañá e durante todo o día, con todiño o preciso, barro, coiro, prata, macramé,…Se estás interesada/o en formar parte da mesma pode facelo a través do contacto no teléfono 687 887 538 e se ou no correo electrónico festivaldocastro@gmail.com

Vermu Gaiteiro A partir das 13 :00 como en toda festa que se precie poderedes desfrutar do Vermú gaiteiro con participación libre e convite á 1ª volta ós músicos! Se tocas algun instrumento este é o teu lugar.

cartaz_fdocastro

Xantar Popular ás 14.00 horas, O prezo do xantar será de 15 euros (10 euros para os cativos ata os 12 anos)

¡¡¡¡ IMPORTANTE !!!! O aforo é limitado e deben reservar o xantar ata o xoves día 20 (incluído) no teléfono 636 537 474,  no correo xantarfestivaldocastro@gmail.com ou mercar a entrada nos seguintes establecementos:

  • PANTÓN: Mesón Os Castros e Bar Carabelos
  • MONFORTE: O Anchoas
  • ESCAIRÓN: A Lareira.

O menú, non ten fallo, a fartar de empanada, pementos de Herbón, carne ó caldeiro, lamboadas e refresco, viños D.O. Ribeira Sacra, e café de pote con gotas!

Se estás interesada/o en formar parte da mesma pode facelo a través do contacto no teléfono 687 887 538 e se ou no correo electrónico festivaldocastro@gmail.com
Vermu Gaiteiro A partir das 13 :00 como en toda festa que se precie poderedes desfrutar do Vermú gaiteiro con participación libre e convite á 1ª volta ós músicos! Se tocas algun instrumento este é o teu lugar.

Xantar Popular ás 14.00 horas, O prezo do xantar será de 15 euros (10 euros para os cativos ata os 12 anos)

¡¡¡¡ IMPORTANTE !!!! O aforo é limitado e deben reservar o xantar ata o xoves día 20 (incluído) no teléfono 636 537 474,  no correo xantarfestivaldocastro@gmail.com ou mercar a entrada nos seguintes establecementos:

  • PANTÓN: Mesón Os Castros e Bar Carabelos
  • MONFORTE: O Anchoas
  • ESCAIRÓN: A Lareira.

O menú, non ten fallo, a fartar de empanada, pementos de Herbón, carne ó caldeiro, lamboadas e refresco, viños D.O. Ribeira Sacra, e café de pote con gotas!

Café-concerto ás 15.30 horas, exercicio de reanimación dixestiva ó cargo da A Patxaranfa son unha xente que promete baile e ledicia a través dunha viaxe por diversas músicas do mundo enteiro. Os da Patxaranga aseguran que provocan un ambiente festivo e de alegría aló por onde van cun estilo que mestura o balkan, klezmer, swing e o flok grazas a unha formación de saxo, violín, guitarra, baixo, percusión e voz.!

Actividades para o público miudo, dende as 17.30 horas nas costas do Castro. Con Lusco Fusco. Maquillaxe, xogos e globoflexia que reunirán a todos os cativos do Festival do Castro antes de ter lugar os espectáculos de teatro e circo de rúa de Kote Malabar e As Aerealistas.!

Anoitecer no Castro, ás 21.00 horas, nas costas do Castro, nun escenario de luxo e tralo éxito da edición anterior este ano tócalle a Poetarras, un dos grupos revelación do panorama musical galego.

Concertos do Festival do Castro, dende as 23.00 horas, o forte do festival, unha das edicións de verdadeiro luxo, insistimos, non se pode dar máis e mellor! Un cartel mundial, atómico.

  • Os Cempés
  • Muyayo Rif desde Catalunya
  • Chotokoue
  • Ruxe Ruxe.

E ao remate da música no escenario, non escapes, seguimos na carpa con picadiscos cos mellores sonidos até o amencer!

Tras dez anos de festa, de artesanía, de xantares e cafés concertos, ducias de actividades de teatro e circo e unhas setenta actuacións musicais queremos convidarvos a todas a vir á nosa festa. Xa que non terás ocasión de ver tanto mundo, tanta calidade e tanta axitación cultural en tan pouco tempo, en nun entorno tan agradable, non podes faltar, participa nos concertos de balde, para a programación da túa intendencia conta que todosos eventos terán lugar no recinto de O Castro (campo da Feira), terás servizo de bar, bocatería e wc, contamos con zona de acampada libre e
poderás empregar servizo de bus para enlazar Monforte de Lemos co Castro en
Pantón e á inversa
, toda esta info e máis sobre medios de acceso en www.festivaldocastro.com

Praia de Valarés

A praia de Balarés

Vista da praia de Balarés

Parroquia:Cospindo (San Tirso)
Lugar: Balarés
Servizos: Aparcadoiro no ámbito, duchas, servizo de limpeza diario*, servizo de vigilancia*,Vista de la playa de Balarésservizo de WC adaptado, sinalización do estado do mar*, WC adaptados, ramplas de acceso para persoas con diversidade funcional, restaurante a piei de praia, paseo marítimo
*durante o verán
Coordenadas: Latitud:43º 14 ´ 37″ N

                        Longitud:8º 56 ´ 39″ W

 

Acceso:
Dende Ponteceso, toma a estrada -AC-424-hacia Corme. Ao chegar ao Couto, pkm -1.6 km-hai unha curva moi pechada á dereita- e en fronte, cóllese un desvío á esquerda na indicación cara a Balarés,-DP-6803- chegando á praia. (2.5 km)
Accesibilidade: inmediacións: autobús; recurso: coche, peonil, barco

Descrición:
Praia situada na ría de Corme e Laxe, nun extremo do Monte Branco. O ámbito natural dispón de magnificas vistas panorámicas sobre todo o percorrido dende Ponteceso, con gran beleza con puntos de observación singulares como o miradoiro sobre a desembocadura do río Anllóns, o cume do monte Branco e o descenso ata a praia. A praia ten forma de enseada, cunha area branca e fina e ondada moderada.
Durante a Segunda Guerra Mundial exportábase wolframio para os alemáns, dende un embarcadoiro situado nun extremo do areal, do que aínda quedan restos. Balarés é, sen dúbida, unha das paraxes máis fermosas do concello. Situado ao abeiro da ría de Corme e Laxe, é unha praia visitada por miles de persoas durante a época estival.

Características:
Bandeira azul
Praia resgardada
Lonxitude: 350m
Ocupación estival:Alta
Tipo de area: fina
Ámbito: Praia, piñeiral, merendero,restaurante a piei de praia.

En fronte da praia hai un fermoso piñeiral-merendeiro con mesas de pedra e grellas, no cal se pode gozar dunha boa comida ou merenda baixo unha esplendida sombra do piñeiral – conxunto de mar-praia e piñeiral

Distancias a lugares relevantes:
Ponteceso:3.5km/ Parada de autobús
Carballo: 25 km /Estación de autobuses
A Coruña:55 km /Estación de tren /Aeroporto
Santiago:66/Estación de tren/Aeroporto.

Cabalgando Galicia – Proxecto colaborativo con Turismo Verde de Galicia

Cabalgando Galicia

Desde Turismo Verde de Galicia colaboramos co Proxecto Cabalgando Galicia, unha idea do productor Pedro H. Lajara licenciado en Comunicación Audiovisual e Dante Sendyk Viñao que é estudiante de Diseño en Imaxe e son pola Universidade de Buenos Aires.

¿Porqué escolleron Galicia para este proxecto?

Galicia é unha terra chea de atractivo histórico, xeográfico e cultural  é suficiente razón, pero ademais o anfitrión do documental ten ascendencia galega, con mais razon para escoller Galicia como destino.

¿Porqué a cabalo?

Grazas a trasladarse a cabalo, existe liberdade de acceder a lugares que moi poucos documentalistas acceden, e poder filmar esta grande obra sobre Galicia. Reivindicando así o cabalo como aquel medio de transporte que os nosos antecesores usaban como como medio de transporte, de desfrute da natureza e relación coa xente.

lugares

¿Que pretende o proxecto Cabalgando Galicia? Viaxando a cabalo atoparanse con territorios e escenarios imprevistos de sumo interese, de feito, esa é a  idea do proxecto, Gracias a   consultar con  expertos para recoller a maior cantidade de información posible.

Pretenden amosar a Galicia oculta e as suas belezas escondidas.

 

Este proxecto de Cabalgando Galicia  se grabará entre o  el 15 de xullo e o  15 de Agosto de 2015 percorrendo diferentes localizacións das catro provincias galegas, algunhas delas están sinaladas no mapa adxunto.

¿Te parece un proxecto bonito e interesante? 

Podes aportar o teu  gran de area gracias o Crowdfunding, que significa “coa axuda de todos”. Desde 2 euros ( casi o custa un café) poderás formar parte deste proxecto. Podes facer a tua achega desde al plataforma Verkami pulsando no seguinte enlace CABALGANDO GALICIA, e simple en poucos clics axudarás a que este proxecto se faga realidade.

Podes ver información detallada do proxecto nos seguintes enlaces:

logo3Web de Cabalgando Galicia
 Cabalgando Galicia en Facebook
Turismo Verde de Galicia

 Facebook Turismo Verde de Galicia

( Colectivo colaborador no proxecto)

Onde facer a túa aportación

Verkami

 

 

Nacimiento 2.0

Hola a todas y todos, como la ciencia y la tecnología avanzan que es una barbaridad, Turismo Verde de Galicia no va a ser menos y hemos decidido dar el salto al 2.0.

Tras la experiencia de nuestro blog creado con la gran ayuda de google y su pluging de blogger, nos lanzamos al vacío y reinventamos nuestro blog, con mas apartados, secciones… creado por todos y para todos y que, con vuestra ayuda crezcamos día a día.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies