Descubre con nós a Ruta dos Peiraos a Santo André de Teixido, o lugar onde vai de morto o que non vai de vivo.
Organizada polo XeoDestino Ferroltera-Rias Altas e coa loxística de Voltamontana o día 28.11.17 realizamos A Ruta dos Peiraos que parte de Cedeira en dirección Santo André de Teixido, pola costa, conta cuns 14 km lineais.

Do porto de Cedeira accedemos ao Castelo da Concepción, unha pequena fortaleza militar de mediados do século XVIII a cal defendía a enseada de Cedeira, como bo punto de recalada que é a baia. A fortaleza conserva varios dos seus canóns orixinais e atópase dominando no alto, o Porto de Cedeira.




A continuación na ruta, apenas a 100 metros da porta da fortaleza, atopámonos con outro elemento patrimonial singular o castro de punta Sarridal, recentemente escavado e investigado hoxe en día podemos observar o seu gran foso así como unhas vistas impresionantes da bahía de Cedeira.
Continuamos a ruta dirección norte pola costa, o seguinte fito patrimonial será a igrexa de San Antón de Corveiro, unha pequena capela do século XVII que preside un precioso cruceiro tamén da época.


Tras abandonar a Igrexa a ruta continúa por unha zona forestal, chega a abrirse a paisaxe ata atoparnos preto da Garita de Vilar, desta só quedan as ruínas. A garita formaba parte dunha rede de control da costa para a súa defensa, estaban encadradas nos puntos de singular visibilidade coma é o caso. Aquí podemos observar unha das mellores vistas de Santo André de Teixido desde o alto, así como do océano impoñente.



Continuamos polos cantís da Serra dá Capela da, veremos os cantís máis altos da Europa continental así como formacións xeolóxicas singulares co chamado bosque de pedra.
Achegándonos xa a Teixido, os milladoiros, froito de miles e miles de peregrinos ao longo da historia que foron colocando unha pedra no lugar, recíbennos.

Baixaremos a aldea por un dos camiños tradicionais de acceso escarpado e con curvas pechadas pero que conserva o seu empedrado tradicional, e por fin entraremos no pobo.

Neste paraíso branco tan preto do mar pero inaccesible a el na igrexa nos recibe Santo André no seu gran retablo barroco. Chegamos de vivos a Santo André de Teixido, xa non teremos que facelo de mortos.

