Oenach Atlántico cumple 20 anos
A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, e as concelleiras de Cultura, María del Carmen Espada, e de Turismo, Natalia Hermida, presentaron xunto cos artistas Cristian Silva e Uxía Senlle, representando esta última a María Fumaça a programación especial para o 20 aniversario do Oenach Atlántico que se celebrará na zona do Trece, na parroquia de Sedes. Ao acto acudiron tamén a tesoureira da Asociación de Veciños Rosa dos Ventos de Sedes, Sonia Fernández, e tres integrantes do Grupo de Teatro Comunitario da citada parroquia, Fina Castro, Enrique Rodríguez e Fina Montero.